Adecco, a empresa de recursos humanos, abre a súa segunda convocatoria do Certame de Novos Talentos Creativos, a través da cal mostra o seu compromiso co desenvolvemento persoal e profesional dos mozos con discapacidade.
A través da Fundación de Adecco, promóvense estes premios que poñen en valor a creatividade dos mozos españois con discapacidade. O proxecto seleccionado será premiado con 2.000 euros e ademais, sairá na revista externa da compañía.
Adecco desenvolve un labor importante na contratación de persoas desempregadas, por iso e con esta iniciativa, convida a aqueles mozos con talento a que participen neste segundo certame que permanecerá aberto até o próximo 12 de novembro.
Para poder participar requírese ser residentes en España que acrediten algún tipo de discapacidade, ter entre os 18 e 35 anos e presentar o proxecto a talentoscreativos@adecco.com, onde se deben especificar os datos persoais e un extracto explicativo sobre a creación do proxecto.
Que se valorará?
O gañador sairá publicado na web e redes sociais de Adecco o próximo 19 de novembro.
Rexístrate como: