Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Colección New Born Fame

"O meu primeiro selfie" grazas a un xoguete, o bebé non decide sobre a súa privacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 03/11/14 (10:21)

Laura Cornet é unha deseñadora que ideou unha serie de xoguetes para os máis pequenos que permiten que os mesmos estean conectados a redes sociais. A idea poida que non soe ben a todo o mundo, pero aí está o desenvolvemento, para que poidamos debater sobre el.

Trátase dunha colección de xoguetes "brandos" ou peluches que poden capturar imaxes, vídeos, ou localización, en definitiva, información sobre o noso bebé na rede de redes. Todo iso sen necesidade de que haxa un computador polo medio, nin a criatura teña que saber conectarse.

O proxecto responde ao nome de New Born Fame, e sae da Academia de Deseño de Eindhoven, en Holanda. Detrás da súa transformación en proxecto real, hai unha parte de crítica da deseñadora a todos esas persoas que soben a Facebook ou Twitter contidos dos seus fillos de forma constante.

Debemos pararnos a pensar en que os máis pequenos non teñen a opción de elixir se saen ou non na pantalla, non entenden o proceso e quizá no futuro non sexa a opción que elixisen. Cando pode reclamar un neno polo seu dereito á privacidade?

Volvendo ao sistema ideado por Laura, temos bólas e obxectos con forma de cámara, nos que van aloxados precisamente iso, cámaras. Veñen acompañados de sistemas de detección de movemento que se encargan de decidir cando se realiza a toma.
Durante o funcionamento dos xoguetes, un GPS vai rexistrando tódolos movementos. Por último, temos unhas zapatillas con podómetro que monitorizan os pasos dados polos bebés.

Toda a información rexistrada sóbese a redes sociais como Facebook ou Twitter, que deben estar configuradas nos xoguetes. En New Born Fame, son os pais os que deciden.

Para o que tivese curiosidade, os xoguetes non se comercializan, pero son funcionais, creados coa necesidade de que debatamos sobre a privacidade dos máis pequenos. Ten sentido o proxecto para uso persoal? Podería quedar simplemente como un monitor de actividades?

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal