Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Dron ambulancia

Dron ambulancia, un sorprendente invento que salvará vidas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/10/14 (12:17)

Un mozo holandés creou un avión non tripulado capaz de transportar rapidamente un desfibrilador, un enxeñoso dispositivo que funciona como "dron ambulancia". O prototipo, que conta con seis hélices e pode voar a unha velocidade de até 100 quilómetros por hora e transportar unha carga de até catro quilos, é capaz de dirixirse independentemente, localizando a orixe dunha chamada urxente e usando datos de GPS", asegurou.

"Unhas 80.000 persoas ao ano sofren un paro cardíaco na Unión Europea e só 8% delas sobreviven", afirma nun comunicado Alec Momont, de 23 anos, estudante belga de enxeñaría que desenvolveu o sistema. "A principal razón é o lapso relativamente longo que necesitan os socorristas para chegar ao lugar (onde está a vítima), ou sexa uns 10 minutos, cando a morte neses casos prodúcese tras catro a seis minutos", agrega.

Para Mormont, o prototipo que deseñou podería levar un desfibrilador nun minuto nunha zona de 12 quilómetros cadrados, "facendo pasar as posibilidades de sobrevivir de 8% a 80%". O prototipo conta cun micrófono e unha cámara para permitir, unha vez que o dron chegue ao lugar onde está a vítima, que o persoal médico dea instrucións a quen estean con ela para que logren usar o desfibrilador.

A primeira ollada, os drons, máis coñecidos polo seu uso militar, parecen avións pequenos de aeromodelismo. Todos son manexados a control remoto, pero algúns máis sofisticados poden voar con plena autonomía grazas a programas informáticos. Entre os potenciais usos dos drons, ademais do descubrimento de reservas arqueolóxicas e naturais, figuran a inspección de desastres naturais, de tráfico urbano e seguridade cidadá.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal