Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Mulleres africanas cultivando a terra

Tecnoloxía que empodera ás mulleres produtoras en África

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 31/10/14 (10:10)

A fenda dixital e as súas consecuencias, esas que parecen non tocarte. En realidade, si o están facendo, aínda que pareza o contrario. Cando se estuda o concepto de "fenda dixital", aprendes que é aquilo que separa ao Occidente desenvolvido do Sur subdesarrollado.

En África, polo xeral, non hai cobertura; están moito máis preocupados por mellora-la calidade de vida dos seus habitantes. Con todo, a tecnoloxía e o social media pode axudar moito no sector agrícola, onde se move a economía africana.

En gran parte do continente, a produción de alimentos corre a cargo das mulleres produtoras. Pero durante moito tempo, estiveron limitadas ao reduto da información e ao pouco acceso aos social media. As novas tecnoloxías estanse utilizando agora para suplir estas carencias.

As mulleres producen até un 80 por cento dos alimentos básicos para o consumo familiar e a venda na África subsahariana representa o 70 % dos traballadores agrícolas, segundo a Organización de Alimentos e Agricultura das Nacións Unidas (FAO). Se estas traballadoras tivesen por exemplo acceso a Internet, melloraría en gran cantidade o seu coñecemento sobre a terra e os produtos.

Jane Kaburia, unha pequena agricultora kenyana, explica a súa experiencia no campo. Debido á falta de asesoramento agrícola e os altos custos dos fertilizantes, faise todo un reto plantar na rexión. Para mellora-la situación, grupos sen ánimo de lucro están a impulsar o acceso aos servizos das mulleres rurais.

A tecnoloxía das comunicacións, así como outras tácticas de emprendemento, van a utilizarse para difundi-lo coñecemento sobre o que funciona en condicións climáticas adversas e como superar os desafíos. As ferramentas inclúen teléfonos móbiles, imaxes en vídeo dos agricultores e os debates de radio comunitarias entre as mulleres.

Peterson Mwangi, un xerente de proxectos de ActionAid Kenya, explica que a súa organización está a aborda-las necesidades das mulleres a través dos servizos de extensión e asesoramento que se basean na experiencia real. "Os agricultores fan os experimentos ou ensaios de diversas tecnoloxías na súa granxa, a continuación, adoptan o que senten que é o máis adecuado para eles", argumenta Mwangi.

Aumentar o acceso aos recursos agrícolas entre as mulleres podería aumentar a produtividade até nun 30 por cento e reducir así o número de persoas famentas en 150 millóns, segundo a FAO. Por iso, é tan importante o investimento tecnolóxico nas zonas rurais de África. Os medios de comunicación e o TIC poden substituír esta escaseza.

Tema: Xeral
Fonte: En Positivo
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal