Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Dron salvavidas

Os vixiantes da praia teñen un aliado nos drons

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/10/14 (14:05)

Temos drones en todas partes, pero a realidade é que as aplicacións que se lle poden dar a estes cacharros voadores non tripulados parecen infinitas. Un bo exemplo é o que vos presentamos agora, relacionado co salvamento: Lifeguard Drone.
Cun nome que ben poderiamos traducir como o dron "vixiante da praia", preséntase como unha alternativa moito máis rápida ao humano, polo menos no que respecta ao labor de lanzar un salvavidas ao accidentado.

Estamos ante un cuadricóptero que será pilotado desde a beira, ou unha embarcación, que loxicamente poderá chegar moi rápido a realizar o primeiro auxilio, ao non ter contacto coa auga. A media está ao redor dun minuto de vantaxe con respecto ao vixiante habitual.

Ademais, o drone será máis facilmente visible pola persoa que espera a axuda, ao aparecer polo aire. Como podedes ver na imaxe que introduce a noticia, o drone carga con varios salvavidas.

Deseñado por Amin Rigi e o RTS Labs en Irán, xa foi mostrado ao gran público o ano pasado, pero agora conseguiron - grazas a RTS London - que a idea pase a produción. Así que non vos estrañedes se empezades a ver drons con distintivo vermello nas praias.
Lifeguard Drone conta ademais con LEDs que lle permiten ser identificado na escuridade. No futuro planean crear estacións de carga baseadas en enerxía solar, onde descansen os drons. Tamén é sinxela a incorporación de cámaras se fose necesario.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal