Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Moff

Moff, un innovador 'wearable' que converte calquera obxecto en xoguete

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 28/10/14 (13:49)

Moito se falou acerca de que a tecnoloxía e os seus avances chegaron ás nosas vidas para simplificarnos as cousas e facelas máis sinxelas no noso día a día, pero iso tamén significou o sacrificio doutras cantas actividades que faciamos comunmente.

Unha delas é a imaxinación, quen non lembra que hai algúns anos os pequenos dábanlle vida a calquera obxecto dotándoo de poderes, por exemplo, a rama dunha árbore convertíase nunha espada, unha pedra nunha nave espacial, en fin, a imaxinación era unha parte primordial dos xogos, e baixo esta premisa chega Moff unha pulseira onde o máis importante é a imaxinación.

Converte calquera obxecto nun xoguete

Moff (amigable en xaponés) é un proxecto dunha startup de Xapón que consiste nunha pulseira equipada con sons conceptuais, a mesma que saíu dunha campaña de financiamento en Kickstarter a inicios de ano, a cal recadou case tres veces máis do que buscaban como meta, e agora está case lista para a súa comercialización.

A pulseira conéctase por medio de bluetooth ao noso smartphone, polo momento só compatible con iPhone, onde escolleremos o son que queremos que emita, isto en función ao obxecto que temos en man ou co que estamos a xogar, aquí atoparemos unha amplo portafolio de sons que van desde a espada dun Samurai, pistolas, naves, guitarras, en fin, todo o necesario para darlle son ás aventuras de péquelos.

A pulseira conta cun acelerómetro e un xiroscopio que nos serven para detecta-los movementos que se fan co brazo para así ofrecer o son correspondente, ademais de ter un LED que acende con cada movemento.

Como vemos a idea é moi sinxela, pero o seu creador menciona que algo así é indispensable na vida dun neno, xa que estamos a chegar a un punto onde os nenos están a pasar unha boa cantidade de horas fronte a unha pantalla e a idea de Moff é rescata-los xogos tradicionais onde mesmo os pais poden ser unha peza fundamental.

A pulseira Moff estará dispoñible para finais deste mes a través de Amazon nos Estados Unidos cun prezo de 54.99 dólares e espérase que nas próximas semanas empecen coa venda a través da súa páxina de forma internacional.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal