A 'app' de transporte Uber lanzou un novo programa piloto, UberHEALTH, no que regalará a vacina da gripe aos usuarios que o pidan e mesmo mandará unha enfermeira para que realice a picada, todo sen ningún tipo de custo.
UberHEALTH só funcionará durante o día de hoxe nas cidades de Boston, Nova York e Washington DC en horario de 10 da mañá a 8 da tarde (hora da costa este) e as peticións pódense facer a través da mesma 'app' desde a que se solicita un 'black car'.
Cada usuario poderá pedir o seu 'pack' da gripe, que inclúe vacinas para 10 persoas, e escoller a que hora e onde quedan coa enfermeira graduada. O servizo é gratuíto e o único que se pide aos usuarios é que habiliten unha habitación para a vacinación.
A iniciativa de Uber forma parte dos acordos co seu socio Vaccine Finder e a compañía doará 5 dólares por cada vacina á Cruz Vermella para apoialos coa súa campaña de prevención contra o sarampión e a rubéola. Desde o blog de Uber esperan que a demanda das vacinas sexa alta polo que recomendan ter paciencia para concerta-la cita coa enfermeira.
Rexístrate como: