Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
mFACILyTA

Plataforma tecnolóxica ao servicio das persoas con dano cerebral adquirido

  • A plataforma "mFACILyTA", desenvolvida pola Fundación Vodafone, ofrece unha contorna para o desenvolvemento de apoios multimedia personalizados.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/10/14 (10:54)

A Fundación Vodafone España e a Federación Española de Dano Cerebral en colaboración co Centro de Referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral presentan no Día do Dano Cerebral, que se celebra o 26 de outubro, o proxecto "mFACILyTA para Dano Cerebral Adquirido".

Esta iniciativa persegue mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal na contorna cotiá dos afectados de Dano Cerebral Adquirido (DCA) a través de aplicacións baseadas en tecnoloxías da información e da comunicación por medio de diferentes experiencias piloto nas asociacións adscritas a FEDACE e/ou entidades relacionadas coa atención a persoas con DCA.

A plataforma "mFACILyTA", desenvolvida pola Fundación Vodafone, ofrece unha contorna para o desenvolvemento de apoios multimedia personalizados, de fácil uso para persoas con discapacidade e outros colectivos con necesidades de apoio.

Co proxecto "mFACILyTA para Dano Cerebral Adquirido", Fundación Vodafone, FEDACE  e o CEADAC reforzan o seu compromiso de realizar actividades conxuntas de accesibilidade e inserción socio-laboral, que melloren as condicións de vida das persoas con DCA.

Con este obxectivo o proxecto dota de solucións tecnolóxicas intuitivas,  portátiles e accesibles, que facilitan ás  persoas con DCA aprender de novo os procesos e tarefas afectados polo dano sufrido.

A plataforma "mFACILyTA" soporta o deseño de programas adaptados ás necesidades de aprendizaxe e apoio específico que  aumentan substancialmente o tempo de adestramento ao que poden acceder as persoas afectadas para  poder rehabilitar as súas capacidades cognitivas e de comunicación, facilitando o acceso a información de apoio para  conseguir unha maior autonomía persoal na vida diaria.

Por estas razóns  "mFACILyTA para Dano Cerebral Adquirido" actuará en diversas contornas da vida: fogar, lecer, laboral, rehabilitación e comunitario,

Nas experiencias piloto participarán até 60 persoas con dano cerebral, as cales contarán co apoio de 15 profesionais de 5 asociacións adscritas a FEDACE (ATENEO (Castelló), ADACEN (Pamplona), ATECEA (Zaragoza), SARELA (Santiago de Compostela) e ADACCA (Cádiz)). Para o escenario de rehabilitación FEDACE contará co apoio do CEADAC (Centro de Referencia Estatal de Atención Ao Dano Cerebral).

CEADAC: Centro sociosanitario de referencia estatal, dependente do Imserso, dedicado á rehabilitación integral e intensiva e á promoción da autonomía persoal en fase subaguda de persoas con Dano Cerebral Adquirido e non progresivo, a atención das súas familias e a investigación e docencia dentro deste ámbito.

FEDACE: Representa ao movemento asociativo do DCA e agrupa a 38 asociacións territoriais de familiares e persoas con Dano Cerebral  Adquirido (9.000 socios). O seu compromiso principal é a defensa dos dereitos das persoas con DCA e familias Entre os seus  obxectivos figura concienciar á sociedade e á Administración sobre a importancia de crear unha rede de recursos e servizos socio-sanitarios para atender as necesidades específicas neste  ámbito e promover a inclusión das  persoas con dano cerebral adquirido. Para máis información sobre "mFACILyTA" ou sobre o Día do Dano Cerebral na seguinte ligazón: Fedace.

Fundación Vodafone España é unha institución sen ánimo de lucro que contribúe ao impulso da innovación e a utilización do TIC para mellorar a calidade de vida das persoas e, especialmente dos colectivos vulnerables. Desenvolve proxectos de innovación tecnolóxica que facilitan a vida a persoas con discapacidade e maiores, principalmente. Promove programas de formación en TIC para apoiar a súa autonomía persoal e a inserción social e laboral. Contribúe á difusión das telecomunicacións na sociedade a través de publicacións e informes.

Tema: Xeral
Fonte: discapnet
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal