Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
ToyMail

Mensaxes de voz para nenos a través dun xoguete

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/10/14 (12:36)

ToyMail é unha aplicación bastante enxeñosa que serve para enviar mensaxes de voz aos nenos a través dun simpático xoguete en forma de animaliño.

Como funciona?

O xoguete conéctase ao WiFi da casa utilizando a app de ToyMail, grazas a esa app, os papás, avoíños e irmáns dos nenos poderán enviarlle mensaxes de voz desde onde estean e o xoguete emitirá ruidiños para avisar aos pequenos que teñen unha nova mensaxe e leralla co seu propio ton de voz. Ademais, os nenos poden responder a través do xoguete, o cal lles permitirá estar sempre comunicados coa súa familia dunha maneira máis sinxela e entretida.

Hai seis modelos diferentes de xoguetes e a app está dispoñible para Android e iOS.

Poden ver máis información e ordenar os seus propios Mailmen no sitio web da marca: www.toymail.co.

Tema: Xeral
Fonte: adictivox.com
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal