Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Kano

Kano, a tecnoloxía ó alcance de todos

  • Kano é un innovador proxecto grazas ao cal, os máis novos poden aprender como funciona un computador e o mellor, poidan construílo eles sós
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 09/10/14 (08:13)

A tecnoloxía ao alcance de todos, sen importar os seus coñecementos, nin a súa idade. Iso é o que tiveron que pensar os creadores de Kano, un computador por pezas que pode montar até un neno pequeno.

Trátase dun proxecto que funciona co sistema Raspberry-Pi grazas ao cal, os máis xoves da casa poden aprender como funciona un computador e o mellor: poden construílo eles sós.

Kano componse dun kit moi básico: un teclado, un cable de alimentación e outro para conectalo a calquera monitor, unha tarxeta de memoria, o CPU do computador e un teclado. Todo presentado dunha maneira moi sinxela e que se pode montar en 107 segundos.

O mellor deste proxecto é que ademais de que os nenos poidan montar o seu computador persoal tamén lles axuda a comprender como funciona o 'hardware' e o 'software' dun computador a través de sinxelos xogos implementados con Kano.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal