Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Proba de Kinect para controlar o párkinson

ITAINNOVA proba en Toulouse unha app para kinect con enfermos de Párkinson

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/10/14 (14:03)

Unha das tarefas de ITAINNOVA no Proxecto europeo TEMIS, cuxo obxectivo é mellorar as redes de cooperación en materia tecnolóxica para o campo da saúde, é a de crear un app para kinect dirixida a realizar probas de comprobación en enfermos de Párkinson e avaliar a través da mesma os mesmos parámetros que realiza un médico na súa consulta, para comprobar a efectividade do tratamento. Enxeñeiros do Instituto Tecnolóxico de Aragón (ITAINNOVA) acudiron até a cidade francesa de Toulouse para comprobar o funcionamento da mesma e no Centro Hospitalario Universitario de Toulouse (CHUTE) concluíron que:

  • O dispositivo Kinect é bastante adecuado e usable para unha contorna hospitalaria, a pesar das súas limitacións de necesidade de espazo.
  • A aplicación desenvolvida por ITAINNOVA cumpre as necesidades de información requiridas polos médicos.
  • Actualmente estase depurando o funcionamento e liquidando certos problemas aparecidos nas probas, de maneira que a aplicación sexa completamente autónoma e usable polos médicos, sen maior asistencia.
Tema: Xeral
Fonte: ITAINNOVA
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal