Trátase dun pequeno dispositivo móbil, cuxo mecanismo é completamente invisible, xa que ten un aspecto similar á pel do ser humano, que é capaz de advertir ao usuario se está a ter problemas cardiovasculares nese instante. Este invento foi ideado por un equipo de investigadores das universidades de Northwestern e de Illinois en Urbana-Champagin (EEUU).
A forma de alertar ao usuario dalgún problema relativo á saúde do corazón é moi simple: o parche simplemente cambia de cor. Como descobre que hai algún mal funcionamento cardiovascular? O dispositivo utiliza uns 3.600 cristais líquidos que detectan a calor corporal controlando así os problemas potenciais. Da mesma forma, o dispositivo tamén podería ser usado para alertar sobre a sequedade na pel, por exemplo.
"Un pode imaxinar as empresas de cosméticos interesadas na capacidade de medir a sequedade da pel dunha maneira portátil e non invasiva. Este é o primeiro dispositivo da súa clase", afirma Yonggang Huang, coautor do estudo.
Outra das características que fan especial este parche é que pode deixarse na pel as 24 horas do día, é inalámbrico e estírase e encolle á vez que a pel natural do usuario, polo que non resulta incómodo. O parche cutáneo pode detectar o fluxo do sangue e a taxa de hidratación da pel. Logo, un algoritmo interpreta estes resultados e mostra unha cor que revela a distribución da temperatura da pel desa zona en menos de 30 segundos.
Rexístrate como: