Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Kinect

A Kinect non se lle escapa un dedo

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 07/10/14 (11:07)

Kinect, ese elemento que para Microsoft debería ser obrigatorio na experiencia, pero que está a terminar por ser un accesorio, é moito máis que iso. Seguindo os pasos das primeiras versións, o sistema de recoñecemento mellora da man da comunidade de desarrolladores, especialmente ao chegar ao mundo dos computadores.

Pero tamén evoluciona grazas ao traballo do departamento de investigación e desenvolvemento da casa, Microsoft Research. O que nos presentan é un novo sistema de monitorización das mans, capaz de seguir en tempo real o movemento de cada dedo, cunha gran definición e velocidade. Xa vos podedes imaxinar as novas posibilidades de interacción.

O sistema segue recoñecendo cada un dos dedos aínda que o suxeito mova a man, ou cambie a súa distancia - pódese ir moi lonxe - con respecto á cámara. En canto a aplicacións prácticas, xa vos podedes facer unha idea do que se pode conseguir con tal nivel de detalle. Unha vez recoñecido o movemento e posición da man e os seus dedos, o seguinte paso está en interpretar os mesmos cun sentido. Ocórrensenos cousas como a interpretación da linguaxe de signos, ou a manipulación de obxectos en xogos.

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal