Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Corazón

O supercomputador Watson buscará o factor xenético dos ataques ao corazón

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 06/10/14 (09:12)

En paros cardíacos e arritmias, calquera ganancia en tempo significa todo. E analizar datos con celeridade é clave para anticiparnos ou ter unha previsión de se esa doenza pode afectar a algunha persoa. Unha desas variables é o apartado xenético.

Pois precisamente a investigación sobre a predisposición xenética ou influencia dos xenes nun posible paro cardíaco ten un potente aliado: o supercomputador Watson. El será a partir de agora o encargado de revisar e estudar todo o escrito en informes, libros e estudos sobre xenética e ataques ao corazón.

Esa información sobre os factores xenéticos que descubra Watson incorporarase como unha variable a ter en conta na simulación que na Universidade de Rochester (NY) están a elaborar.

O modelo 3D do corazón está a usarse para coñecer como medicamentos e demais factores interveñen nun paro cardíaco e coñecer a resposta do mesmo, así como simular todo o proceso que ten lugar antes, durante e despois do ataque nas células do corazón. Tamén para estas simulacións os supercomputadores son os cerebros.

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal