Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Coche feito con Imaginieer

Imaginarium lanza Imaginieer, a súa líña de xoguetes en impresión 3D

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/10/14 (13:36)

A cadea de xogueterías Imaginarium presentou hoxe a súa primeira liña de produtos elaborados mediante impresión 3D, Imaginieer, que será posible grazas a un software que permite aos nenos deseñar e construír os seus propios xoguetes.

Marta Abril, a responsable de mercadotecnia e comunicación de Imaginarium para o sur de Europa, sinalou que o obxectivo da cadea con este novo lanzamento é "cambiar a forma na que os nenos consomen os xoguetes. Se antes os nenos tiñan que elixir, agora poden decidir como queren que sexa o seu xoguete e fabricalo eles mesmos", indica.

Desenvolvido por Imaginarium en asociación coa compañía Sicnova 3D, especializada neste tipo de impresións, Imaginieer conta cun software asistido accesible desde a súa propia web www.imaginieer.com no que calquera pode personalizar o seu propio coche, colar ou pulseira de xoguete e envialo á granxa de impresoras 3D onde o produto será fabricado nun material biodegradable e despois enviado a casa do comprador.

Por exemplo, se eliximos fabricar o noso propio coche de xoguete -cómic car, é o nome que a juguetería deu a este modelo-, o software permite engadirlle accesorios como parachoques e aleróns e  elementos decorativos como números e debuxos ou letras que conformen un nome, así como escoller entre seis colorees (amarelo, gris escuro, vermello, branco, azul e gris prata) como o imos a pintar.

Enfocada a nenos da partir de 5-6 anos, Imaginieer xa está dispoñible en Internet, e chegará aos establecementos da cadea a partir do 10-15 de outubro, co obxectivo de captar, tamén, a outro tipo de público cuxo perfil "é moi de tenda", explica Abril. A responsable de mercadotecnia e comunicación engade que a cadea tamén venderá caixas de agasallo preparadas con instrucións para que o obsequiado poida fabricar o seu propio xoguete.

O proxecto combina, segundo Abril, a experiencia de Sicnova 3D, especializada, até agora, en softwares moi técnicos para adultos, co coñecemento de Imaginarium sobre o comportamento dos nenos. "Ten unha base tecnolóxica moi complexa, pero unha interfaz sinxela, para que o neno o poida usar", resume.

A partir de agora, engade, Imaginarium ampliará, aos poucos, o rango de produtos que ofreza con esta tecnoloxía. "Pero temos que asegurarnos de que cumpren os mesmos estándares de calidade que o resto da nosa gama, así que será un proceso complexo no que vaiamos paso a paso", subliña.

Tema: Xeral
Fonte: TICbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal