Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
NEUROTiQ

NEUROTiQ, un chapeu que lle pon cor aos nosos pensamentos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/10/14 (09:08)

Pór imaxe aos pensamentos soa a unha utopía pero porlle cor cada vez é máis frecuente. Xa hai sistemas para monitorizar a actividade neuronal e tinguila de cor segundo o tipo que sexa e así saber en que está a pensar unha persoa ou como sente nese momento. Swarovski por exemplo ten un e British Airways que traballa con mantas avanzadas parecidas.

Esta vez tócanos falar de NEUROTiQ, un casco en aparencia moi charramangueira pero que conta cun xogo de sensores que, pegados ao cranio, permiten rexistrar a actividade cerebral e mostrala en cores de diferente tipo. Unha idea bastante futurista pero que máis aló do artificio ofrece unha idea moi boa.

Máis aló da moda, búscase a expresión

O chapeu é capaz de representar diferentes estados do cerebro: o soño profundo móstrase como vermello mentres que a meditación aparecerá cun ton laranxa. Un estado esperto verase amarelo e a avaricia en verde. As luces son programables e podemos configuralas ao noso gusto.

A nivel de materiais, NEUROTiQ é unha curiosa mestura entre tecido tradicional (61 horas de traballo) mentres que se empregaron outras 76 en impresión 3D para crear o resto do casco. Hai que dicir que o resultado é bastante excéntrico pero a idea é bastante boa por un termo que os seus creadores acuñaron como "extimacy" ou o que é o mesmo: facer visible o máis íntimo.

Lonxe de ser unha mensaxe enfocada ás redes sociais e aos nosos pensamentos máis privados, o termo vai enfocado máis cara ao estudo do autismo e a procura de novas formas para comunicar este tipo de ideas. De ter un deseño máis discreto, seguro que ía ter mellor aceptación.
 

Tema: Xeral
Fonte: Xataka
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal