Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Man artificial

Crean un prototipo de man artificial de baixo custo cunha impresora 3D

  • O prototipo está destinado a un neno que ten unha malformación nunha das súas extremidades superiores e cumpre coas mesmas funcións dunha prótese tradicional
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/09/14 (09:03)

A través do curso de Enxeñaría, Deseño e Innovación, un grupo de alumnos da Escola de enxeñaría da Pontificia Universidade Católica de Chile (UC) desenvolveu unha prótese de man impresa en 3D, cunha plataforma de servizo asociada, para un mozo cunha malformación nunha das súas extremidades superiores.

A iniciativa da Escola de Enxeñaría UC, que substitúe as funcións dunha prótese tradicional a un valor accesible de 30 mil pesos, é parte de catro proxectos asociados con empresas e organizacións que foron presentados como unha forma de achegar as innovacións dos estudantes a experiencias relevantes da vida.

"Os traballos orientados á discapacidade, inclusión da terceira idade, alimentación e ao adestramento médico son parte dun curso pioneiro no país que ten como desafío transformar a mirada dos alumnos para identificar e enfrontar os problemas que afectan á xente", sinalou a profesora do departamento de Enxeñaría Mecánica e Metalúrxica Constanza Miranda, integrante do equipo académico DILAB que lidera o proxecto.

A académica agregou que hoxe as tecnoloxías, como os prototipos 3D, están máis preto e son máis accesibles para facer desenvolvemento e innovación en Chile. "Os mozos teñen un capital creativo que é potenciado polas metodoloxías de deseño e enxeñaría, as que permiten ademais que os nosos alumnos poidan ser fonte de investigación e desenvolvemento para as empresas a nivel mundial", destacou Constanza Miranda.

A idea do grupo responsable da man artificial nace despois de coñecer as múltiples funcións da tecnoloxía 3D que arribou á Escola de Enxeñaría, así como as súas innovadoras aplicacións para resolver obstáculos que enfrontan as persoas con discapacidade.

O deseño da man 3D traballouse mediante programas que procesan as medidas e impresións gráficas do toco. No futuro espérase promover un sistema 3D en liña para que as persoas con este tipo de discapacidades poidan simular as características das próteses que requiren imprimir.

Tema: Xeral
Fonte: DiCYT
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal