A multinacional Philips desenvolveu un sistema para axudar a reducir a dor musculoesquelética crónica utilizando un iPhone ou un iPad. Trátase dunha aplicación, denominada en inglés Pulse Relief, que utiliza unha tecnoloxía que envía pulsacións eléctricas aos nervios a través de electrodos para impedir que os sinais da dor cheguen ao cerebro. O propósito é brindar aos pacientes maior autonomía no control da dor.
A ferramenta permite ao paciente seleccionar ata 60 niveis de intensidade. A información envíase aos electrodos que emiten unhas luces LED azuis que, segundo Philips, fan que o corpo emita óxido nítrico que incrementa o fluxo sanguíneo e permite o proceso de sanación natural.
Os desenvolvedores aconsellan aos usuarios consultar cos seus especialistas antes de utilizar esta ferramenta. O portal de Philip prové máis información, aínda que está dispoñible soamente en inglés.
Rexístrate como: