Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Captura de pantalla da aplicación móbil

"Qué podo comer?", una app moi útil para nenos con alerxias alimentarias ou celiacos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 19/09/14 (13:56)

Cando un ou varios membros da familia son alérxicos ou intolerantes a certos alimentos hai que ir con moita cautela á hora de facer a compra, ir a un restaurante ou comer en calquera outro sitio fóra de casa.
Para axudarnos neste sentido podemos contar con 'Que podo comer? ' unha aplicación moi útil para nenos con alerxias alimentarias ou celiacos que nos ofrece un listado completo de alimentos de todo tipo libres de alérxenos.

Que podo comer? Está dispoñible para dispositivos Android e incorpora un buscador moi doado de utilizar (mesmo poden facelo os nenos) con nada menos que 12.000 produtos de 740 marcas diferentes divididos en 27 categorías de alimentación e unha categoría de restauración, para axudar tamén cando se come fose de casa.

Pódese buscar de tres formas distintas: por categoría, por marca ou introducindo o texto facendo que a busca bote os alimentos que se poden consumir segundo os parámetros que establecemos. Ademais inclúe un escáner de código de barras que podes pasar polo produto para comprobar se é apto para o consumo. Moi práctico para non perder tempo cando facemos a compra.

De momento, inclúe os alérgenos que obriga a Directiva Europea a indicar na etiquetaxe: glute, leite, ovo, soia, cacahuete, froitos secos, pescado, moluscos, crustáceos e apio ademais doutros como a lactosa e o látex. Nos próximos meses ampliarase á frutosa ou o sorbitol, diabéticos e veganos. Ademais, incorporaranse códigos desconto para utilizar nos puntos de venda. Pode resultar moi útil para as familias con nenos afectados por algunha alerxia ou intolerancia alimentaria, que representan entre o 6 por cento e o 8 por cento da poboación infantil. 

Tema: Xeral
Fonte: Bebes y más
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal