Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Prototipo de olfacto electrónico

Novidoso nariz electrónico mide os niveis de glicosa en sangue

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/09/14 (09:43)

"Gran parte das enfermidades provocan cambios químicos no organismo, e en moitas ocasións, eses cambios convértense en emanacións gasosas que son específicas segundo cada padecemento. O dispositivo médico que estamos a desenvolver vai medir eses gases", informa Alfredo Márquez, quen ten o doutorado en Ciencias de Materiais con especialidade en macromoléculas.

Tamén existen factores, como o exercicio, o estrés, os alimentos, os problemas, alegrías ou tristuras, que cada persoa con diabete os procesa de xeito diferente e isto modifica os seus niveis de glicosa. Con este dispositivo poderanse medir eses niveis cada hora, definindo así un perfil personalizado.

O traballo de investigación conta con financiamento do Consello Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Conacyt, a través do proxecto Desenvolvemento Científico para Atender Problemas Nacionais. No proxecto participan tamén investigadores do Instituto Mexicano do Seguro Social e a Universidade Autónoma de Chiuaua. 

Cando os niveis de glicosa non están baixo control, o corpo humano pode producir acetona a través do alento. A literatura científica especifica que existe correlación entre a glicosa concentrada no sangue dos diabéticos e a acetona que se produce no seu alento. Por iso é posible medir o grao da enfermidade a través dun soprido.

O nariz electrónico vai funcionar principalmente a base de compostos poliméricos (os polímeros son macromoléculas constituídas de moitas unidades chamadas monómeros). A característica máis importante destes polímeros é que cambian as súas propiedades eléctricas ao entrar en contacto coas substancias químicas que se van monitorear, neste caso as acetonas e cetonas que contén o alento.

O doutor Alfredo Márquez Lucero especializouse no desenvolvemento de sensores químicos. Leva máis de 10 anos investigando acerca de olfactos electrónicos e os seus textos científicos merecéronlle 500 citas sobre o seu traballo de investigación. Pertence ao Sistema Nacional de Investigadores, nivel III.

No Cimav xa contan cun prototipo do olfacto electrónico e están por iniciar o modelo comercial. Ademais, encóntrase en trámite a patente nacional e desexan xestionar a internacional. Buscan que o dispositivo médico sexa do tamaño dun celular, portátil, que a lectura dos resultados sexa doada, o seu custo accesible e que se poida usar as veces que se requiran, de ser necesario cada hora. Os resultados vanse calcular igual que nos glicómetros actuais xa que terán a mesma escala. 

O inicio da historia

O desenvolvemento do olfacto electrónico comezou por iniciativa do odontólogo Alfredo Nevares Rascón, quen coñecía o traballo dos sensores químicos que investigan en Cimav. Pero eses sensores empregábanos para detectar gases de fugas de hidrocarburos.

"A idea orixinal de crear un olfacto electrónico aplicado a medir os niveis de glicosa no sangue foi do doutor Alfredo Nevares. Mesmo financiou o primeiro prototipo, actualmente nós estámolo a perfeccionar", puntualiza o doutor Alfredo Márquez.

Planean que os olfactos electrónicos sexan multifuncionais e conten con tecnoloxía que permita enviar por Internet, e a través de sinal de celular ou radiofrecuencia, os resultados ao médico do paciente para que poida monitorear o estado de saúde do diabético. A estratexia global considerada para este equipo vai estar inscrita na telemedicina.

"O primeiro obxectivo é desenvolver un dispositivo que mida os niveis de glicosa, pero, máis alá, buscamos abrir unha área de investigación para poder entender mellor as enfermidades humanas baseándonos no olor", conclúe o doutor Alfredo Márquez Lucero. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal