Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Campus for Moms

Campus for Moms, unha iniciativa para nais e pais emprendedores

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 18/09/14 (09:23)

Este evento xurdiu a partir da reflexión de Tal Sarig-Avraham, responsable de Mercadotecnia apoderado de produto de Google Israel, que impulsou en Tel Aviv, o primeiro 'Campus for Moms'. A iniciativa fíxose popular por varios cantos do mundo como Londres, Varsovia e tamén Madrid, con máis dunha vintena de participantes na primeira edición.

Nas súas orixes, esta iniciativa propúxose coma un proxecto con 'vocación de continuidade', tanto que Tel Aviv xa marcha pola súa terceira edición e, o próximo 13 de outubro terá lugar a súa segunda edición en Madrid, onde se impartirá un programa formativo de oito sesións que se prolongarán ata o 15 de decembro.

Nestas sesións, os múltiples profesionais do sector ensinarán ós participantes a desenvolver os seus proxectos, incluíndo o deseño do produto, a internacionalización do negocio, a parte de mercadotecnia, financiamento e o desenvolvemento tecnolóxico.

As clases terán lugar no espazo de innovación social Impact Hub Madrid, situado en pleno Barrio das Letras. As xornadas dividiranse en dúas partes con breves descansos para poder atender aos nenos, cos que poderán acudir ao campus. Ademais, os participantes poderán expoñer os seus proxectos fronte a coñecidos 'business angels'.

Quen pode participar?

Todo aquel que sexa nai ou pai ou mesmo mulleres que estean embarazadas. O único requisito que se lles pide é que teñan un proxecto entre mans de base tecnolóxica e empregue as posibilidades de Internet coas novas tecnoloxías. Aquelas mulleres e homes sen fillos, tamén poden participar, pero a súa inscrición estará limitada a un número de prazas. A inscrición é gratuíta e remata o 5 de outubro. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal