Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Talk

Talk, o dispositivo que traduce a respiración en fala

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 17/09/14 (09:25)

O mundo está infestado de pequenos xenios, e hoxe ímosvos a presentar un deles. Trátase de Arsh Dilbagi, un mozo indio de 16 anos que se presentou ao Google Science Fair deste ano cun dispositivo cuxo principal obxectivo non é outro que permitir expresarse ás persoas que son fisicamente incapaces de comunicarse mediante o fala (por exemplo os enfermos de ela, de encefalopatía, de parkinson, ...).

Entrando en detalles, Dilbagi bautizou o seu aparello co nome do Talk, e explicado de maneira simplificada, funciona así: colócase un micro ao usuario baixo o nariz ou fronte á boca que capta a súa respiración, sendo capaz de distinguir entre suspiros curtos ou longos. Seguido un microprocesador etiqueta as exhalacións curtas como puntos e as longas como guións e traduce o código Morse en palabras. Finalmente un segundo microprocesador recibe as palabras e sintetízaas en voz.

Ou sexa, que estamos ante o que se coñece como un dispositivo de comunicación alternativa e aumentativa, dos que hai moitos e variados no mercado, pero ningún deles vale tan pouco como o de Dilbagi (só custa 80 dólares, o resto rozan os miles de dólares), a razón principal pola que é verdadeiramente interesante xunto ao seu tamaño reducido e a súa capacidade de realizar todo o proceso de converter a respiración en fala bastante rápido.

Xenial verdade? Nós cremos que si, sobre todo porque a pesar de que o aparello non é tan avanzado como outros e require aprender código Morse, se sae á venda os centos de miles de persoas que actualmente son incapaces de comunicarse mediante a fala e non poden permitirse comprar ningún dos caros dispositivos de comunicación dispoñibles terán unha alternativa económica á que poderán acceder a cal mellorará moito a súa calidade de vida.

Agora esperar é o que toca. Dilbagi e o seu aparello están entre os finalistas da edición 2014 de Science Fair, e Google anunciará os gañadores o día 22 deste mes. Se gana, seguro que Talk chegará a golpear o mercado nalgún momento, e se non, esperamos que o faga igualmente co apoio doutros.

Tema: Xeral
Fonte: TICbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal