A idea que temos dun exoesqueleto é por exemplo a do que nos pode axudar a levantar 100 kg sen esforzo pero que aínda parece sacado dunha película de Transformers. Pero o Soft Exosuit pretende que non se note que o levamos.
O desenvolvemento do Wyss Institute for Biologically Inspired Engineering na Universidade de Harvard conseguiu fondos de DARPA por valor de case 3 millóns de dólares. A misión é conseguir que este exoesqueleto sexa cómodo de levar por soldados, os cales poderían entón camiñar longas distancias sen cansarse, permanecer tempo indefinido en pé ou mesmo facer de soporte do corpo cando hai que cargar con peso importante nas marchas.
O traxe realizouse seguindo a fisioloxía humana, de maneira que o uso do mesmo non impida que os movementos de quen o leva sexan pouco naturais ou incómodos. A tecnoloxía aplicouse a materiais téxtiles avanzados que serían os encargados de simular o funcionamento dos músculos e articulacións do noso corpo.
Este desenvolvemento plantexa de cara ao futuro avances na rehabilitación ou a axuda a persoas con mobilidade reducida, así como melloras en materiais que sexan capaces de, só vestíndoos, tratar determinados problemas de posturas.
Rexístrate como: