Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Detector de alérxenos

Un dispositivo de 6SensorLabs examina as comidas dos alérxicos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 16/09/14 (10:33)

Para as persoas con alerxias ou sensibilidade aos distintos tipos de comidas saber se os alimentos que consomen están indicados ou non na súa dieta convértese nunha das maiores preocupacións. No caso dos que non saben con certeza a que elementos teñen intolerancia alimentaria a situación é aínda máis complicada. Un estudo recente demostrou que as persoas non celíacas pero con sensibilidade ao glute reaccionaban a outros factores desencadeantes da súa dieta.

Un dos principais resultados da análise indicou que a sensibilidade ao glute é unha afección difícil de diagnosticar xa que non hai algún biomarcador (sustancia biolóxica producida polo organismo en resposta a un estado dunha enfermidade) capaz de identificala. Peter Gibson, un dos médicos especialistas que realizou unha serie de estudos neste campo declarou: "En contraste co noso primeiro estudo non atopamos ningunha resposta específica ao glute. Necesítase moita máis investigación".

O primeiro sensor portátil dirixirase aos celíacos
A idea entrou no foco de atención de 6SensorLabs, unha startup fundada por exalumnos do MIT. O seu equipo de enxeñeiros e científicos quere construír un dispositivo asequible que permita ás persoas alérxicas detectar os alérgenos dos alimentos de forma rápida e sinxela sen que faga falta preocuparse polas posibles repercusións para comer algo descoñecido.

Aínda que no futuro están a planear desenvolver unha tecnoloxía que axude a descubrir unha maior variedade de alerxias provocadas polos alimentos, de momento empezarán co glute. A principios do próximo ano a compañía espera lanzar un sensor portátil de baixo custo (menos de 150 dólares) que virá acompañado por un conxunto de unidades dun só uso cuxo prezo aínda non foi determinado, para axudar aos enfermos celíacos así como a aqueles que decidiron pasar a unha dieta libre de glute por outras razóns.

O equipo tamén desenvolverá unha aplicación móbil que servirá tanto para compartir os resultados das probas cos demais como para difundir información útil sobre que elementos son seguros na dieta das persoas alérxicas ou con sensibilidade aos alimentos.

A mesma cofundadora da startup, Shireen Iates, atopaba difícil determinar se un alimento era bo para ela debido á súa intolerancia ao glute. Ela investigou a idea de crear un dispositivo de análise de alimentos durante os seus anos de estudos no MIT e máis tarde xuntouse con Scott Sundvor para poñer as bases de 6SensorLabs.

Agora a compañía ten previsións de futuro optimistas. Cunha recadación de catro millóns de dólares o equipo poderá avanzar o seu desenvolvemento e acelerar o lanzamento ao mercado do seu produto.

Tema: Xeral
Fonte: TICbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal