Un grupo de investigadores do Instituto Wyss da Universidade de Harvard en Massachusetts desenvolveron un bazo artificial que permite filtrar o sangue para loitar contra diversos tipos de infeccións que poden ir desde a coñecida Escherichia coli (máis coñecida como E.coli) ao virus do Ébola.
As infeccións sanguíneas son moi difíciles de tratar, e máis do 50% das veces nos que a infección leva a unha sepsis os médicos non poden diagnosticar a causa, tratando de atacar a esas bacterias con antibióticos de amplo espectro, que non son sempre efectivos. Con este novo método os investigadores cren que se pode loitar contra a infección e evitar que este pase para ser un caso de sepsis, moito máis grave.
As probas iniciais para probar este dispositivo -que fai uso de microgotas magnéticas cubertas polas chamadas lectinas de unión a manosa (MBL)- realizáronse sobre ratas, e tras cinco horas de tratarlles a infección de E.coli, o 89% delas tiñan o sangue filtrado e estaban vivas, comparadas co 14% infectadas que non recibiron o tratamento.
Segundo ese estudo, o dispositivo logrou eliminar máis do 90% das bacterias do sangue das ratas, e estas tiñan menos inflamados os pulmóns e outros órganos, o que suxeriría que unha sepsis sería menos probable que se producise.
A continuación os investigadores avaliaron o dispositivo para o volume de sangue humano, que en adultos é de aproximadamente cinco litros. Tras utilizalo nunha mostra dese volume (non nunha persoa directamente) na que introduciran diversas bacterias e fungos, lograron que a un ritmo dun litro por hora o dispositivo eliminase a maioría dos patógenos en cinco horas.
Segundo Donald Ingber, un dos bioingenieros responsables do estudo, unha vez controlada a infección sería posible que os antibióticos e o sistema inmunológico puidesen eliminar o resto das trazas desa infrección. E entre as infeccións tratables con este "biobazo" están o virus da SIDA ou o do Ébola, nos cales a supervivencia dos pacientes depende precisamente de reducir ao mínimo a presenza de virus no sangue. Actualmente o equipo está a experimentar co biobazo en porcos.
Rexístrate como: