Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Lentes visualizadoras de tumores

Sorprendentes lentes permiten visualizar células canceríxenas

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 04/09/14 (09:22)

A Universidade de Washington en San Luís deseñou unhas lentes de alta tecnoloxía capaces de detectar as células dos tumores malignos. As lentes axudan aos médicos para visualizar as células canceríxenas marcando a zona afectada cunha mancha azul.

Os seus deseñadores aínda non lle puxeron un nome aos lentes. A súa primeira utilización foi este luns durante a operación dun tumor maligno a un paciente.

"Estamos nas primeiras etapas desta tecnoloxía e haberá máis estudo e probas, pero sen dúbida estamos ilusionados polos potenciais beneficios para os pacientes" asegurou Julie Margenthaler cirurxiá que realizou a primeiro implementación dos lentes.

Os anteollos contan cun monitor capaz de detectar os axentes moleculares vinculados ás células do tumor. A ferramenta pode localizar tumores de ata un milímetro de diámetro, segundo informaron os seus creadores.
 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal