Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Aula de DownGalicia

As Entidades Down reforzan a formación dixital do seu equipo profesional

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 02/09/14 (10:16)

A Federación Down Galicia organiza, en colaboración co Progama de Voluntariado Dixital da Xunta (VolDix), promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Voluntariado, unha formación sobre manexo básico en ferramentas ofimáticas e follas de cálculo para os traballadores e traballadoras das súas entidades membro.

Trátase dunha formación que Down Galicia inclúe no seu plan de formación continua para o seu equipo profesional. Esta formación en concreto ten por obxectivo dotar á súa plantilla de traballadores e traballadoras dos coñecementos técnicos que precisan para manexar con solvencia as follas de cálculo, fundamental no día a día dos seus postos de traballo. Unha formación básica e necesaria, pero ás que moitos profesionais non accederan de xeito formal por non ser específica da súas áreas de traballo.

Para a realización desta formación, Down Galicia conta con persoal propio, sete voluntarios dixitais e persoal da empresa TIC 3.14 Financial Contents, mecenas dixital adherido ao programa VolDix.

Tema: Xeral
Fonte: DownGalicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal