A Universidade de Vigo celebra, do 17 ao 20 de setembro, a XIII edición das súas Xornadas Internacionais sobre Asociacionismo nos Programas Universitarios de Maiores baixo o lema "A formación continua ao longo da vida".
Nas xornadas proponse centrar o estudo nos temas relacionados coa formación continua, para achegar reflexións, experiencias e propostas ás autoridades académicas, sociais e políticas a preto do punto de vista baseado nas experiencias recollidas durante o proceso de aprendizaxe dentro das aulas universitarias de maiores, que potencian o envellecemento activo.
Confeccionouse un programa no ano 2013, coa preparación dun tema de estudo que realizará un comité académico, formado por alumnos e profesores universitarios do programa de Formación de Maiores, co obxectivo de que todos os relatorios que se presenten nas Xornadas estean centradas na experiencia de "A formación continua ao longo de toda a vida" desenvolvida nas aulas dos alumnos maiores.
Para lograr este obxectivo, dispoñerase das instalacións da Universidade de Vigo - Campus de Vigo, que a través da Vicerrectoría de Extensión Universitaria confirmou o seu apoio e colaboración. A organización destas xornadas en colaboración con Universidade de Vigo trasladará a súa proposta de traballo, durante todo o ano, ás asociacións de alumnos universitarios maiores, de todas as universidades de España e norte de Portugal.
Dentro das actividades relacionadas coa formación continua, creáronse catro talleres de traballo que estudarán estoss temas:
Estes catro talleres estarán dirixidos por alumnos do programa de maiores e desde o momento en que a información se atope na web das XIII xornadas, responderanse as preguntas de todos os alumnos das diferentes universidades, que desexen participar nos devanditos talleres.
Rexístrate como: