Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas

Sphero axuda aos nenos para programar mentres xogan

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 27/08/14 (10:10)

Cando está desactivado non parece máis que un xoguete que ten a forma e o tamaño dunha pelota de tenis pero as cousas cambian por completo cando a esfera empeza a rodar polo chan chegando a unha velocidade de máis de dous metros por segundo.

O robot Sphero lanzouse fai tres anos e desde entón pasou por varias actualizacións que lle axudaron a converterse en algo máis que un simple aparello deseñado para entreter. Orbotix, a compañía desarrolladora, empezou o cambio o ano pasado cando decidiu integrarlle un motor máis potente capaz de mover a esfera ao dobre de velocidade, luces máis brillantes e unha categoría moita máis extensa de aplicacións.

Á parte destas características, Sphero ía acompañado de dúas ramplas de plástico que deixaban aos nenos experimentar unha gran variedade de trucos. E aínda que pareza que o principal obxectivo era estimular o xogo, en realidade a compañía quería que o seu produto axudase aos nenos para entender as regras básicas da programación.

Como o fixeron? Os creadores de Sphero integraron un elemento de gamificación pensado para retar as habilidades informáticas dos mozos: as verdadeiras capacidades do robot desbloqueábanse gradualmente a medida que os usuarios subían os niveis de dificultade. O potencial de aprendizaxe de Sphero non pasou desapercibido por algúns dos pais que deu a casualidade de que fosen profesores. A partir dese momento o xoguete robótico de Orbotix empezou a empregarse con fins máis serios: o ensino da enxeñería.

Un proxecto robótico centrado no valor educativo do xogo

Desenvolvido baixo a iniciativa Prepare kids for the future, o proxecto SPRK (siglas de School Parents Robots Kids) creouse para introducir a Sphero na contorna académica e achegar aos novos alumnos aos principios básicos da programación a través do xogo.

"Ao combinar a tecnoloxía coa robótica, os nosos xoguetes ensinan e inspiran os inventores de mañá. A programación non é fácil pero non é necesario ser un científico espacial para ofrecer aos nenos unhas bases sólidas", indica a compañía na súa páxina oficial.

O programa SPRK está dividido en dúas ramas: Core e Stem. Por unha banda Core é unha fase principiante e consiste nunha serie de leccións que axudarán aos nenos para desenvolver as habilidades básicas para programar e doutra banda Stem representa un nivel superior que permite aos alumnos experimentar e construír os seus propios dispositivos a partir de Sphero. O proceso non será difícil segundo apuntan os seus creadores. Os desarrolladores de Sphero deseñaron MacroLab e OrbBasic, dúas aplicacións dispoñibles para iOS e Android que facilitarán o traballo dos neno e dos profesores ao mesmo tempo.

Aínda que de momento Sphero diríxese aos alumnos do terceiro ata o quinto curso, Orbotix ten intencións de ampliar o programa SPRK a nivel de escola secundaria ou mesmo de bacharelato.

Ross Ingram, o responsable do proxecto declara:
"Sphero progresará con eles. Hai un SDK para iOS, Python, Ruby para que sigan programando a medida que vaian crecendo".

O aspecto máis curioso é que ao principio a compañía non tiña intencións de converter o xoguete interactivo nunha ferramenta pedagóxica. Agora contan con 250 escolas de Estados Unidos e do mundo afiliadas ao programa. Diante da resposta positiva que recibiron por parte dos profesores a compañía quere estender o proceso a gran escala ofrecendo prezos descontados (o prezo normal de Sphero chega a 130 dólares) se os centros educativos queren comprar un volume maior de unidades. Xunto cos seus tutoriales gratuítos e os plans de leccións divididas por niveis de dificultade converteranse en tantas outras oportunidades para eses profesores interesados en introducir aos seus alumnos na aprendizaxe da programación.

Tema: Xeral
Fonte: Ticbeat
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal