Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Persoas maiores usando Smartphones

50 eventos de Maiores e TIC en toda España

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/08/14 (12:52)

Tras varios anos de colaboración conxunta Fundación Vodafone, UDP e Fundación Cibervoluntarios chegaron a través do programa "Son Maior e gústame navegar" a 1490 persoas, mediante a realización de 164 cursos e talleres en máis de trinta localidades distintas de toda España. Ante o éxito e compromiso con este proxecto, as tres organizacións viron a necesidade de dar un paso máis. O obxectivo do programa na próxima etapa pasará de estar enfocado á formación para estar enfocado na sensibilización e divulgación. O resultado será a preparación e realización de 50 eventos en todo o territorio nacional cos que chegar de forma directa a 5000 persoas maiores e de forma indirecta a máis do dobre a través de accións de divulgación da actividade en medios e redes sociais.

Estes eventos de sensibilización e difusión teñen como obxectivo:

  • Sensibilizar e informar a persoas maiores no uso de ferramentas tecnolóxicas especialmente o móbil e a tableta.
  • Dar unha imaxe próxima e positiva das persoas maiores e a tecnoloxía
  • Chegar a un maior número de persoas maiores de diferentes lugares e procedencias
  • Promover o coñecemento de recursos de formación online que poñeremos a disposición dos  maiores para que estes realicen itinerarios auto-formativos de forma flexible e continuada.
Tema: Xeral
Fonte: Cibervoluntarios
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal