Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Ancián

3M desenrola un termómetro pensado para o uso en anciáns

O dispositivo permite coñece-la temperatura corporal en apenas uns segundos con unha gran precisión, ademais de dispor dunha pantalla LCD ampliada que permite coñece-lo resultado a simple vista.

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 22/08/14 (09:07)

A pesar de que a febre non é unha doenza en si mesma, senón unha defensa natural do organismo, é de suma importancia ter un control sobre ela cando quen a padece ten unha idade avanzada. Nos anciáns, un pequeno aumento de temperatura corporal pode ter unha gran repercusión no seu estado xeral, especialmente naquelas persoas con enfermidades cardiovasculares, respiratorias e neurolóxicas. Non obstante, non sempre é doado detectar un estado febril. Para axudar neste labor, a compañía 3M desenvolveu un novo termómetro dixital que indica cunha precisión ata o de agora descoñecida a temperatura dunha persoa. Ademais, o dispositivo permite realiza-la toma da temperatura dun xeito moi sinxelo: abonda con apoialo sobre a fronte ou a orella durante uns segundos, algo que, segundo explican dende 3M, resulta un mecanismo especialmente indicado para persoas maiores.

Por outro lado, debido a que a agudeza visual adoita empeorar coa idade, este termómetro dixital conta cunha ampla pantalla LCD que facilita coñece-los datos cun simple golpe de vista. É máis, foi equipado cunha función de voz que posibilita escoita-la lectura efectuada polo dispositivo, facendo del unha ferramenta accesible e moi doada de manipular. Así mesmo, o novo termómetro dixital de 3M está equipado cun sistema led de lectura a cor, que indica cal é o estado febril da persoa dunha forma moi recoñecible: verde cando a temperatura é idónea; amarelo cando se detecta algo de febre, pero non moi alta; e vermello cando é elevada. Tamén conta cunha función de memoria que rexistra ata 30 entradas, polo que se pode monitorizar a variación térmica ao longo do día.

"Queremos achegar a innovación á vida cotiá e contribuír co coidado das persoas. O desenvolvemento de dispositivos como este é imprescindible na nosa actividade, sempre tendo en conta o noso compromiso coa sociedade ao completo," explica José Martín Gordillo, product manager de Farmacia en 3M.

Tema: Xeral
Fonte: Entremayores
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal