Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
faxpg

A oficina de turismo da Xunta de Galicia en Vigo xa dispón de BILDTEC

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/08/14 (09:15)

O día 14 de agosto Mª Carmen González Lloves, Vicepresidenta da FAXPG, acudiu ao acto de presentación do sistema de videointerpretación BILDTEC nas instalacións da Oficina de Turismo en Vigo situada na Rúa Cánovas do Castelo, 3, sumándose esta iniciativa a todas as demais situadas noutros puntos de interese como son o Rexistro da Xunta de Galicia, o centro de atención primaria Concepción Arenal de Santiago, “R”, Banco Pastor, Oficinas do Concello da Coruña e o CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago).

A partir de agora, calquera persoa xorda que desexe obter información desta oficina poderá dispoñer do sistema BILDTEC para acceder á mesma.

O obxectivo da FAXPG, en colaboración coa Xunta de Galicia, é dispoñer deste sistema en máis puntos informativos de interese co fin de que a accesibilidad na comunicación, a través das novas tecnoloxías, sexa unha realidade.

Tema: Xeral
Fonte: faxpg
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal