O desenvolvemento da tecnoloxías de impresión 3D segue en marcha e novas aplicacións están a mostrar o seu potencial. A empresa TeVido Biodevices está a investigar a aplicación das impresoras 3D para a creación de tecidos artificiais que simulen a pel e a graxa humana. No futuro, esta tecnoloxía podería axudar de forma específica na cirurxía de reconstrución.
Xa se viron algúns usos das impresoras 3D sorprendentes. Houbo exemplos de produción de armas con este tipo de impresoras, de proxectos gastronómicos centrados nas impresoras 3D e outras iniciativas con variadas temáticas. O potencial dese sistema de impresión está aínda por descubrirse e un novo exemplo ilústrao.
A compañía TeVido Biodevices está detrás dun proxecto pensado para o uso de impresoras 3D para a cirurxía de reconstrución. O obxectivo é que as impresoras poidan crear mostras de pel e graxa coas que reconstruír membros e feridas dos pacientes. Trátase dun intento por facilitar o proceso, abaratalo e conseguir prótese e reconstrucións máis fieis.
Os investigadores detrás do proxecto levan desde 2010 traballando nesta tecnoloxía. Segundo comentaron á web Techcrunch, fixéronse importantes avances. Polo momento a iniciativa centrouse en desenvolver tecidos e próteses que poidan axudar ás mulleres que padeceron cancro de mama. O obxectivo é que as impresoras 3D poidan axuda na reconstrución do peito das pacientes afectadas.
Polo momento déronse os primeiros pasos e conseguíronse importantes avances. Na actualidade xa se conseguiron xerar reproducións de parte do peito e de face ao futuro desde TeVido espérase poder crear tecido e graxa de maior superficie. Así, no futuro a tecnoloxía de reconstrución contaría cunha nova ferramenta coa que axudar aos pacientes.
Rexístrate como: