O Centro de Enxeñería e Microsistemas para Instrumentación e Control (Cemic) da Universitat de Barcelona (UB) está a desenvolver un prototipo dun dispositivo portátil e de baixo custo que permitirá detectar enfermidades neurodexenerativas, como o Alzheimer, e inmunolóxicas, como o VIH.
O aparello, dun só uso, constará dun sensor óptico onde situar as mostras para analizar, e dun biomarcador que emitirá luz segundo o resultado, que se obterá aos poucos segundos, destacou a Conselleria de Empresa e Emprego da Generalitat este domingo nun comunicado.
O obxectivo do proxecto --que conta co apoio da axencia de competitividade da Generalitat, Acció-- é transferir en 2016 a nova tecnoloxía para unha aplicación industrial.
Rexístrate como: