Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Telefónica Ability Awarda 2014

“Innovación para a Inclusión”, a nova categoría dos Telefónica Ability Awards

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 13/08/14 (09:50)

Este ano ábrese a categoría de "Innovación para a inclusión" nos Telefónica Ability Awards dentro do seu amplo repertorio de participación.

A través desta nova sección, recoñeceranse as iniciativas de emprendimiento social de base tecnolóxica que desenvolvan produtos e solucións dirixidas ao colectivo de persoas con discapacidade.

Os premios de Innovación para a inclusión veñen da man da plataforma Open Future a través da cal é posible participar. Neste caso, os aspirantes que formarán parte do Reto Ability Awards deben entrar na plataforma e aceptar unha serie de retos de innovación aberta. Seguindo a metodoloxía de crecemento empresarial que incorpora Open Future, os participantes irán conseguindo puntos segundo completen os fitos que expoñan na plataforma.

Como participar no reto?  existen dúas maneiras de poder incluír o teu proxecto: a través da Plataforma Telefónica Open Future - por Facebook, Linkedin ou Google+­ ou creando unha conta persoal- e acceder á zona Reto Ability Awards ou entrar a través de ability.openfuture.org, A partir de aí o obxectivo é ir incrementando os puntos obtidos.

Quen pode participar? Poderán participar na convocatoria aquelas persoas físicas ou xurídicas que cumpran, como mínimo, os seguintes requisitos:

  1. Poderán participar emprendedores maiores de idade e nacionalidade española, equipos ou startups rexistradas en España, que desenvolvan ou estean en proceso de desenvolvemento de solucións dirixidas ao colectivo de persoas con discapacidade ou dependencia e persoas con enfermidades crónicas.
  2. Proxectos cun modelo de negocio sustentable e viable, cunha orientación á xeración de beneficios.
  3. Buscamos iniciativas de alto impacto e base tecnolóxica.

As dez iniciativas con máis puntos terán a oportunidade de presentarse ao I Ability Investor Day. Tras un xurado preliminar e un final,  o mellor proxecto recibirá un galardón na categoría "Innovación para a inclusión" como o resto de gañadores das categorías principais e absolutas dos Premios. Ademais recibirá  10.000€ como apoio ao seu proxecto. Todo iso darase a coñecer na cerimonia de entrega de premios de Xaneiro 2015.

Tema: Xeral
Fonte: Fundación Obra Social y Monte de Piedad de Madrid
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal