Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Alfonso Rueda visita E-Natura

A Xunta incentiva o emprendimiento e a xeración de emprego feminino cun orzamento de máis de 650.000 euros

  • O vicepresidente, Alfonso Rueda, anunciou que a vindeira semana o DOG publicará a convocatoria de axudas do programa Emega da Secretaría Xeral da Igualdade
  • Rueda e López Abella visitaron esta mañá a sede de E-Natura Ingeniería, empresa pontevedresa que se beneficiou destas subvencións
  • Nos últimos cinco anos, investíronse 3,5 millóns de euros a través do Emega, contribuíndo na creación de empresas e xeración de emprego feminino
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 11/08/14 (13:31)

O vicepresidente, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitaron o 7 de agosto a sede de E-Natura Ingeniería, unha empresa de Pontevedra que foi beneficiaria das axudas do programa Emega, co que a Xunta está a incentivar ás mulleres emprendedoras de Galicia.

Rueda aproveitou a visita para anunciar que está previsto que na vindeira semana se publique no DOG a convocatoria de axudas do programa para este ano 2014, cun orzamento de máis de 650.000 euros.

O obxectivo destas axudas é contribuír á posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais de mulleres galegas como o mellor medio para progresar no mercado laboral. Por iso o Emega conta con distintas liñas de axudas, destinadas a fomentar a innovación, o emprendemento e a conciliación da vida familiar e laboral.

Segundo destacou o vicepresidente, esta orde de axudas suma dous dos eixos estratéxicos do actual Goberno galego: a procura da Igualdade real entre homes e mulleres e a aposta polo emprendemento.

Este último aspecto -que resulta fundamental en época de crise- cobra especial relevancia agora, cando se avanza cara a recuperación económica grazas en gran medida ao esforzo de moitos emprendedores e emprendedoras. Rueda destacou que só nos últimos cinco anos investíronse 3,5 millóns de euros a través do Emega, que teñen contribuído tanto á creación de empresas por parte das mulleres galegas como á xeración de emprego feminino.

 

E-natura ingeniería

A empresa que esta mañá visitaron Rueda e López Abella recibiu unha axuda de 12.000 euros na convocatoria de 2013, dentro da lina ‘Emprende’. E-natura ingeniería pertence ao sector da enxeñería e das enerxías renovables e dedicase a dar solucións integrais para o aforro enerxético, que van dende asesoramento ata servizo de instalación e mantemento de sistemas de aforro enerxético.
 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal