Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Iniciativa Xove

Uns 700 mozos dan o salto á empresa fomentando a inclusión

A Xunta financia a emprendedores proxectos de ata 4.000 euros

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/08/14 (10:07)

Iniciativa Xove, un programa do departamento de Xuventude da Xunta, cumpre xa a súa quinta edición, e faino con medio millón de euros para financiar 137 proxectos presentados por 685 mozos. O obxectivo deste actuación é moi sinxelo, fomentar iniciativas vinculadas ao espírito emprendedor; a integración de colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión; a creatividade; a intervención ambiental; a rehabilitación, ou as novas tecnoloxías.

Para participar neste programa hai que cumprir poucos requisitos: presentarse en grupo, ter entre 18 e 30 anos e que o proxecto reúna as características para ser financiado. A Xunta financia o cento por cento, pero ata un máximo de 4.000 euros por proxecto. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia que ao longo destas cinco convocatorias investiu máis de tres millóns de euros en ideas de 4.200 mozas. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, sinalaba na presentación dos resultados que se trata dun exemplo da renovación das políticas de mocidade baseadas na educación non formal.

Coas actividades que realizan os mozos a través deste programa van adquirindo aptitudes valoradas polas empresas, que melloran a súa preparación para acceder ao mercado laboral ou iniciar un proxecto de autoemprego.

Tema: Xeral
Fonte: La Voz de Galicia
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal