Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Letras para todos

FEAPS celebrará o I Encontro Nacional de Boas Prácticas en Lectura Fácil "Letras para todos"

  • Celebrarase os próximos 3 e 4 de novembro na Casa de Lector (Centro Cultural Matadoiro) de Madrid. A inscrición é libre e gratuíta.
  • Todas as persoas e organizacións interesadas en compartir as súas experiencias sobre accesibilidade na lectura poden envialas a FEAPS ata o próximo 1 de outubro.
Versión para impresiónSend by email
Santiago, 29/07/14 (09:52)

O acceso á información e a cultura é unha das barreiras máis importantes que se atopan as persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento e outras moitas con dificultades de comprensión. E a lectura é a chave para ese acceso, que resulta fundamental para a inclusión destas persoas como cidadáns de pleno dereito.

Desde hai algúns anos, a Confederación española de organizacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (FEAPS) vén traballando no ámbito da accesibilidade cognitiva, e máis en concreto nunha metodoloxía para facer comprensibles os textos escritos, denominada "lectura fácil". Tras varias experiencias neste terreo e a crecente demanda da administración, as empresas e as entidades sociais, FEAPS ve necesario dar un paso máis dentro da accesibilidade cognitiva e centrarse nas súas posibilidades como método de acceso á cultura para moitos colectivos e persoas, pero sobre todo como unha mellora na sociedade actual.

Por iso, co fin de dar a coñecer esta metodoloxía con exemplos prácticos e positivos, FEAPS celebrará o Primeiro Encontro Nacional de Lectura Fácil e Cultura "Letras para todos". Todas as persoas interesadas na accesibilidade, a lectura e a cultura que o desexen, poderán apuntarse gratuitamente a esta cita, que terá lugar os próximos 3 e 4 de novembro na Casa do Lector (Centro Cultural Matadoiro) de Madrid.

Na organización deste evento, FEAPS conta coa colaboración da Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), Factoría de Arte e Desenvolvemento, Dilofácil, a Cooperativa Altavoz, e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Aquelas persoas ou organizacións interesadas en participar nas xornadas e en facelo compartindo as súas experiencias sobre lectura fácil nas xornadas, poderán facelo a partir do 15 de setembro na páxina www.letrasparatodos.org. Ademais, a xornada poderá seguirse nun evento en Facebook e a conta de Twitter @LFparatodos

Tema: Xeral
Fonte: FEAPS
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal