Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Tifloinnova 2014

Tifloinnova 2014 o espazo de encontro entre as persoas cegas e a tecnoloxía

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 23/07/14 (12:57)

Do 21 ao 23 de novembro, as persoas cegas ou con discapacidade visual, as súas familias e os profesionais que traballan con elas terán un lugar de encontro coa tecnoloxía, en Madrid, na feira internacional de Tiflotecnología Tifloinnova 2014 na súa IV Edición.

Este evento, organizado polo CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE  e referente en tecnoloxía accesible para persoas cegas ou con baixa visión, reunirá aos principais fabricantes, desarrolladores e distribuidores deste ámbito a nivel internacional, para mostrar ás persoas cegas ou deficientes visuais do noso país, ás súas familias e  profesionais que traballan con elas, produtos e servizos que favorezan o seu desenvolvemento, autonomía e independencia en calquera ámbito da vida.

Dada a proliferación do uso de terminais móbiles intelixentes (smartphones, tablets....) e de apps para a realización de multitude de tarefas de moi diversa natureza (educación, traballo, cultura, lecer, ámbito doméstico...), nesta ocasión a organización quixo incidir no coñecemento e achegamento dos asistentes a solucións deste tipo que poden facilitarlles o seu día a día.

Para iso, crearon un espazo acondicionado no que os desarrolladores destas Apps poidan, durante toda a feira, presentar ao público as súas solucións persoalmente. Será unha oportunidade inmellorable para difundir a existencia destas aplicacións, cada vez máis demandadas e de maior utilidade entre os distintos colectivos de usuarios, sendo de maior relevancia para o colectivo de persoas con discapacidade visual, polo que achegan en canto a eliminación de barreiras para o acceso á información e realización de tarefas cotiás.

Tifloinnova 2014 será un espazo dinámico no que desarrolladores, usuarios e profesionais poderán compartir experiencias e intercambiar información ao redor dun programa activo de conferencias, talleres, mesas redondas, demos e presentacións de novos produtos e tendencias tecnolóxicas.

Unha nova cita aberta aos avances da tecnoloxía aplicada, con solucións prácticas e accesibles que se proxectan sobre a vida diaria: formatos dixitais e braille, axudas ópticas e electrónicas de baixa visión, tecnoloxías en mobilidade e apps... E tamén produtos para o fogar, a orientación, a educación, a cultura e o lecer, a accesibilidade e usabilidade de bens e servizos. Todo canto contribúa a que as persoas con cegueira ou deficiencia visual severa sexan máis independentes, máis autónomas, máis libres.

A entrada é libre e gratutita para todos os visitantes.

Tema: Xeral
Fonte: Centac
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal