Hai poucos días decatabámonos por Iwith.org da creación dos novos dominios validados para organizacións non gobernamentais: .ong e .ngo, posto en marcha polo Rexistro de Interese Público nun esforzo por mellorar a eficacia das ONG.
A creación destas extensións pode axudar a identificar, dentro do complexo mundo dixital, a unha organización non gobernamental como unha organización validada e distinguila doutras. .ngo|.ong estarán dispoñibles a partir deste outono da man de global ngo para a comunidade de ONG locais, nacionais e mundiais. Ata agora, como sabemos, a maioria das organizacións teñen o dominio .org, pero o certo é que calquera persoa ou organización de calquera tipo pode obtelo.
Tal e como comentan, o novo dominio servirá como directorio de ONG e permitirá unha maior visibilidade das diversas organizacións, ademais de ser un camiño de colaboración e comunicación entre elas. Igualmente, os .ngo /.ong, axudarán a dar credibilidade ás organizacións, así como tamén acabarán revolucionando a maneira en que operan as ONG.
Rexístrate como: