Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Man robótica

O MIT amplía a sete os dedos da man grazas a un robot

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/07/14 (10:37)
Investigadores do Instituto Tecnolóico de Massachusetts (MIT) presentaron un prototitpo mecánico que permitirá incorporar dous dedos robóticos á man dos usuarios. Un vídeo de presentación mostra o potencial desta tecnoloxía.
As próteses mecánicas e os avances tecnolóxicos relacionados con mellorar as capacidades humanas están comezado a ser unha realidade. Víronse exoesqueletos para persoas con problemas nas costas e outras innovacións como lentes de contacto intelixentes, pero as posibilidades van aínda máis aló.
 
O MIT é un dos centros de estudos máis avanzados do mundo e os seus membros están a crear innovacións sorprendentes. A última proposta do MIT está enfocada a ofrecer aos usuarios dedos extra para as súas mans. Mostrouse un prototipo robótico que incorpora sensores cos que as persoas poderán gozar de dous dedos máis cos que realizar accións en conxunto cos dedos normais.
 
O prototipo do MIT intégrase nunha luva repleta de sensores, capaces de recoller a información dos músculos e os tendóns dos usuarios, de maneira que se interpretan as accións para poder proceder á súa realización. Trátase dunha tecnoloxía que está pensada para complementar as extremidades dos usuarios e liberar os dedos de actividades sinxelas.
As aplicacións deste prototipo poden ser moi variadas e o seu futuro prometedor. Así, poderase utilizar este sistema robótico para suxeitar obxectos e liberar a man dos usuarios para outras accións, ou poderá ser unha solución pensada para recuperar extremidades perdidas con anterioridade.
 
O prototipo presentado polo MIT lembra en parte ás mans robóticas de Star Wars e pode ser a antesala de próteses intelixentes que revolucionen o sector do medicamento. O que é indiscutible é que esa liña de desenvolvemento está a marcar un gran número de investigacións e parece que no futuro a tecnoloxía permitirá opcións inimaxinables en relación á saúde e o día a día dos usuarios.
Tema: Xeral
Fonte: Portaltic
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal