Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Crowdfunding

Listado de 35 plataformas online para captar fondos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 21/07/14 (08:18)

Cada día hai máis plataformas online para o fundraising abertas para todas as ONG ou empresas sociais que necesitan solicitar donativos para financiar os seus proxectos de intervención social. Son tantas que ás veces é difícil establecer unha orde ou xerarquía para decidir cal usar ou non.

Nesta listaxe ofrécese un resumo daquelas plataformas online que se poden incorporar nunha estratexia de márketing dixital, por exemplo plataformas de crowdfunding , as opcións que nos dan as redes sociais, plataformas publicitarias solidarias e moito máis, para que delas a túa ONG ou iniciativa emprendedora poida seleccionar aquelas que mellor se adapten ás súas metas, recursos humanos, técnicos e financeiros.


Plataformas de crowdfunding

As plataformas online de crowdfunding  seguen crecendo, seguro que hai moitas que xa son coñecidas, outras estréanse recentemente. O importante é estar ao tanto das novas plataformas que van saíndo e explorar que oportunidades nos ofrecen. Pero sobre todo, é importante avaliar a afinidade da entidade coa plataforma dada a diversidade das mesmas.

 

  • Microdonaciones Hazloposible: plataforma de microdonativos  onde se poden apoiar proxectos solidarios de ONGs  de diversa índole. O 100% das achegas realizadas van aos proxectos, só descontando a comisión de PayPal por utilizar a súa forma de pago.
  • Noblezaobliga: É unha plataforma online para recadar fondos destinados a diversas causas sociais. É moi sinxelo darse de alta e está aberto a calquera causa solidaria.
  • Root4: É unha plataforma de publicidade móbil que permite crear, promocionar eventos, xogos e competencias globais. Root4 convértese así nunha rede social de usuarios móbiles, causas sociais e empresas.  Os usuarios móbiles son voluntarios, as empresas son sponsors e as causas sociais convértense en beneficiarias. Pódese descargar gratis a aplicación como voluntario, patrocinador ou beneficiario e comezar a participar nesta rede.
  • Betternow: É outra plataforma para recadar fondos de causas solidarias. O interesante é que as persoas a título particular poden solicitar donativos destinados a diversas ONGs e causas solidarias.
  • Flipover: Promove a conexión entre iniciativas solidarias e posibles financiadores. Como di na súa páxina web axuda á xente para resolver os retos que importan. 
  • Sport2help: É unha plataforma de crowdfunding  para financiar proxectos solidarios a través do deporte.  O usuario elixe unha causa solidaria como Sporter ou pódese ser Helper doando 2 euros á causa solidaria que se desexe.
  • Donacción: Primeira platafoma colombiana de crowdfunding  para facer donativos a causas sociais. Entrégase o 100% do recadado.
  • Curable: Crowdfunding para o sector sanitario. Pódense financiar operacións, intervencións cirúrxicas, tratamentos médicos, investigación de enfermidades, desenvolvemento de medicamentos. Curable é para ONGs, empresas, emprendedores do terceiro sector, compañías farmacéuticas, colectivos prosaúde, investigadores, particulares e familias.
  • Impact.me: Para xestionar programas de voluntariado de forma automática. Serve non só para xestionar os voluntarios senón para atraer máis. Un voluntario ten moitas máis posibilidades de ser doante dunha ONG.
  • A compartir: É unha plataforma onde non se recada diñeiro senón produtos de empresas que se atopen en perfecto estado e que logo son redistribuídos para entidades do terceiro sector. É moi fácil darse de alta, unha vez que a candidatura estea validada, pódense facer pedidos dos produtos do catálogo.
  • Doafund: Sen dúbida unha plataforma de crowdfunding  necesaria para combater as inxustizas xeradas pola crise. As familias con problemas para pagar a hipoteca ou a punto de ser desafiuzados solicitan que os particulares os axuden a afrontar o pago fronte ao banco.  As empresas tamén poden patrocinar. Iniciativas como estas demóstrannos que as TIC poden ter un impacto positivo para favorecer a solidariedade, a igualdade e a xustiza social.
Financiamento para o emprendemento social

Dado que moitas ONGs están a optar polo emprendemento social como unha forma de financiamento, incluíronse na listaxe algunhas plataformas para emprendedores sociais que buscan capital para iniciar proxectos con enfoque social. Unha empresa social ten gran variedade de opcións para solicitar financiamento, por exemplo o crowdfunding, pero ademais, se se busca un capital aínda máis significativo, é importante tamén contemplar os bussines angels e dirixirse a plataformas especializadas en emprendemento.

 

  • Seedquick: É unha plataforma de crowdfunding  para proxectos empresariais, culturais, de investigación e tecnolóxicos. É un marketplace para conectar a emprendedores e financiadores.
  • The crowdangels: É unha plataforma que permite investir online en startups  de base tecnolóxica baseado no modelo de business  angels.
  • Mi madre me lo dijo: de Juan Merodio, é unha fábrica de ideas, é un lugar para conseguir investidores para unha start-up. Se un proxecto ten un valor agregado e ademais con fins sociais, busca financiamento ao grande.
  • Crowdthinking: Plataforma de apoio colectivo para ideas, proxectos e empresas.
  • Safari crowdfunding: Nesta plataforma de financiamento colectivo podemos conseguir financiamento para start-ups, micropemes e pemes. Calquera iniciativa social é benvida. Conta con distintos métodos de financiamento; recompensa, equity e doazóns.
Plataformas publicitarias solidarias

É un novo modelo de solidariedade que xorde no marco do crecente mercado dixital. Baséase en market  places onde se poden comprar produtos e servizos de distintas marcas coa diferenza que parte do pago realizado vai destinado como donativo ás ONGs que o comprador elixa e que ha de estar dada de alta previamente na plataforma.

 

  • Clifundy: Plataforma onde se poden realizar compras solidarias con premios.
  • Wapsi:  é un e-commerce solidario onde por cada compra efectuada, as empresas que publicitan os seus produtos nela, doan unha porcentaxe ás causas solidarias que elixa a persoa. A participación das ONGs é gratuíta, e é moi sinxelo darse de alta.
  • Rastro solidario: plataforma de consumo responsable que defende a vida útil dos obxectos que xa non utilizamos. Devanditos obxectos intercámbianse a prezos solidarios e achegando unha doazón á ONG elixida.
  • Shopciable: é un centro comercial solidario online. Cómprase a través do portal e achégase un donativo á ONG que elixida.
  • Minuto solidario: simplemente hai que darse de alta e visualizar vídeos publicitarios e posteriormente encher unha pequena enquisa, os beneficios que se xeran destínanse aos distintos proxectos que realizan as ONGs dadas de alta na plataforma. É moi sinxelo darse de alta, tan só fai falta encher os apartados do formulario posto na web.
Buscadores solidarios
  • Ifcoop: é unha iniciativa emprendedora moi orixinal. Consiste nun buscador solidario de ONGs  onde o usuario pode atopar a causa social ou proxecto para colaborar que máis se axuste ás súas afinidades ou preferencias. O 100% da doazón vai destinado á causa seleccionada, sen comisións.  Como ONG é moi sinxelo rexistrarse. Non hai escusa para non estar.
As redes sociais como plataformas para a captación de fondos

O papel das redes sociais na captación de fondos é cada vez máis importante, primeiro polo innegable valor que ten como canle de comunicación propio das entidades do terceiro sector e empresas sociais, pero tamén porque cada día ditas plataformas, conscientes da importancia de apoiar ás ONGs desenvolven ou facilitan aplicacións destinadas a axudar na solicitude de donativos.

 

  • Youtube for non profits: Lamentablemente aínda non está dispoñible en España, pero hai que estar atentos pois en calquera momento estará operativo no noso país. Ao formar parte do programa pódese incorpora un botón de donativo na canle, emisión de eventos en directo, anotacións nos teus vídeos, overlay de chamadas á acción para que as persoas poidan acceder directamente á web da entidade e recursos de produción,
  • Google for non profits: Permite ás ONGs acceder a unha seria de descontos e produtos gratis. O obxectivo é axudar ás ONGs para conseguir máis doantes, voluntarios e ampliar capital social para accións de sensibilización e mobilización. Lamentablemente só está dispoñible para ONGs rexistradas en Estados Unidos, Inglaterra, Canadá, Gales e Xapón, pero hai que estar atentos para ver cando se habilite a plataforma a máis países. Algunhas das prestacións que ofrece:

•Google adgrants
•Youtube non profits program
•Apps para Ong
•Google earth
•One today by google: acceso gratuíto a unha plataforma móbil para a captación de fondos

  • Googlegrants:  É un programa exclusivo de doazóns gratuítas que funciona con AdWords . Basicamente a ONG fai uso de publicidade online non pecuniaria que pode utilizarse para aumentar voluntarios,  aumentar a recadación de fondos, ou promocionar proxectos e actividades diversas.
  • Botón de FB para ONG: é unha funcionalidade dispoñible dende decembro de 2013 que permite aos usuarios facer doazóns ás ONGs. Aínda non está dispoñible en España.
  • Twitter for non profits: pódense conseguir guías e consellos para mellorar a comunicación na rede dos 140 caracteres, contar historias, aprender a lanzar campañas de tweets  promocionados e moito máis.
  • Linkedin for non profits: permite publicar ofertas para voluntariado e oportunidades laborais. Para aprender a sacarlle o máximo proveito existe a opción de apuntarse a unha webinar de 60 minutos onde se explica con detalle cada unha das prestacións.
  • Paypal para ONG: pódese acceder a tarifas de transacción reducidas sen tarifas mensuais de establecemento ou cancelación. É tan sinxelo como solicitar o código HTM e pegalo nunha web ou blogue. Para retirar as doazóns hase de verificar a condición de ONG.
Plataformas de comunicación e visibilidade baseadas no storytelling
  • Storify: para contar historias e gañar visibilidade.

Ferramentas gratuítas para mellorar a xestión dunha ONG
  • ONG libre: é un espazo onde se pode acceder a unha  diversidade de recursos gratuítos destinados a mellorar a xestión integral dunha ONG. Un proxecto de éxito, coherente  e que achega valor é posible cando a xestión da ONG é óptima e un proxecto de valor é fundamental para captar fondos. Aquí pódese atopar software libre para xestionar a relación cos doantes.
Plataformas para crear campañas de fundraising online

Cada día temos á nosa disposición máis plataformas que simplifican o proceso de lanzamento de plataformas de donativos. Integran unha serie de prestacións que fan máis fácil para calquera entidade non lucrativa solicitar donativos sen necesidade de contar con grandes coñecementos técnicos. Hai que resaltar que aínda hai poucas en español.

 

  • Donaronline de wingu: é unha plataforma online que integra diversas funcionalidades para iniciar campañas de recadación de fondos. É gratis coas funcionalidades básicas.
  • Causevox: Plataforma desde a cal se poden deseñar páxinas para solicitar donativos que ofrece varias prestacións para axudar a gañar visibilidade, como integración en redes sociais.

Como facer landing pages para solicitar donativos

No proceso de captación de fondos cando realizas campañas de solicitude de donativos, hase de crear moitas veces unha landing page onde aterrarán os usuarios. É moi importante saber como deseñar a landing page, pero hai plataformas especialmente preparadas, e moitas gratuítas para deseñar a landing page.

  • Instapage
  • Leadpages
  • Unbounce


Podemos atopar infinidade de plataformas que nos ofrecen posibilidades interesantes para solicitar donativos ou financiar proxectos de emprendemento, pero o importante é contar cun plan de márketing dixital e unha estratexia de captación de fondos, onde se contemple con que recursos técnicos, humanos e financeiros conta a entidade para seleccionar aquelas plataformas que se considere que se poden xestionar. Non debemos cometer o erro de abrir perfís ou aproveitar ferramentas dispoñibles só porque é fácil acceder a elas. O verdadeiro resultado conséguese en base a un cálculo estratéxico previo. A captación de fondos hase de sustentar na planificación por resultados, unha mestura de comunicación on e off e un intenso traballo de relacións públicas.
 

Tema: Xeral
Fonte: Semántica Social
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal