ASIMO, o robot xaponés sempre mantivo unha liña continuista de deseño que nos permitiu familiarizarnos con el e recoñecelo enseguida. Nesta ocasión podémonos esquecer do seu frontal negro dunha peza, xa que lle debuxaron un sorriso e un par de ollos ben grandes.
Este novo robot é capaz de recoñecer o rostro e a voz de diversas persoas mentres falan de forma simultánea, ademais de poder interromper o que está a facer e modificar o seu comportamento para adaptarse ás intencións doutro individuo.
Ademais do aspecto hai melloras na intelixencia artificial de ASIMO, capaz de predicir movementos e actuar en consecuencia (apartarse se algo se dirixe cara a el). Ademais farao máis rápido, xa que as súas novas pernas son capaces de correr a unha velocidade de 9 quilómetros por hora.
Grazas ao redeseño das súas mans, Honda traballa na comunicación con linguaxe de signos de ASIMO, ademais dunhas maiores posibilidades de interacción con elementos (levar unha bandexa, abrir unha botella, servir o seu contido nun vaso).
Satoshi Shigemi, Enxeñeiro Xefe de ASIMO, considera que a nova xeración do robot ve incrementada non só a súa mobilidade, senón a súa capacidade para realizar tarefas e interactuar coas persoas", co que están máis preto do seu obxectivo de "un robot que sirva de asistente a aquelas persoas que o necesitan".
Rexístrate como: