A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) lanza #ActúaDiscapacidad, unha campaña de concienciación cidadá que persegue rematar coas situacións de discriminación que prexudican ás persoas con discapacidade e fomentar aquelas actuacións que teñen como fin contribuír á súa plena inclusión social.
"Dende COCEMFE e as súas entidades membros queremos facer un chamamento á participación activa de todas as persoas, xa que moitas veces por descoñecemento prexudican coas súas actitudes ou accións aos colectivos que representamos e nos afastan no noso camiño cara á plena normalización e inclusión na sociedade," explica Mario García, presidente da Confederación.
Dentro desta campaña, COCEMFE e as súas entidades lanzarán mensaxes nas redes sociais para que os seus seguidores as compartan coas súas amizades e estas coñezan que actuacións concretas poden incorporar a súa vida para contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade.
Á súa vez, dende a entidade pedimos a colaboración cidadá de todas as persoas con discapacidade para que colaboren nesta iniciativa e dean a coñecer de que xeito os cidadáns poden contribuír ao obxectivo da campaña, compartindo as situacións discriminatorias ás que se enfrontan e as solucións ou condutas que propoñen para corrixilas.
No marco desta iniciativa trasladaranse mensaxes relacionadas co respecto das prazas de aparcadoiro reservadas e do espazo necesario para facilitar a libre circulación de persoas con mobilidade reducida, as actitudes que promoven a formación e integración laboral, as limitacións que supón ter unha discapacidade orgánica ou os problemas engadidos que incrementan a exclusión deste sector e como apoiar os que o viven, o trato correcto cara ao noso colectivo e medidas para rematar con falsos estereotipos e que xeren empatía cara ás persoas con discapacidade, entre outros.
A campaña de concienciación conta cun video de apoio en Youtube (http://youtu.be/45sbDflA0ow) e pódese seguir nos perfís de COCEMFE en Facebook e Twitter, e a través do hashtag #ActúaDiscapacidad.
Rexístrate como: