Google chegou a un acordo coa farmacéutica suíza Novartis e, concretamente, coa súa división de dedicada ao coidado ocular Alcon, para levar as súas lentes de contacto intelixentes ao mercado. Consisten nunhas lentes, que xa foron anunciadas a principios deste ano, e que analizan a bágoa do ollo do usuario para monitorizar o seu nivel de glicosa en sangue.
Así o anunciou este martes Novartis a través dun comunicado de prensa. O acordo realizarase con Google [x], o equipo semi-secreto da compañía do buscador que se encarga de investigación. Google achegará os seus avances en miniaturización de dispositivos electrónicos complementaranse coa experiencia farmacéutica e médica dos aparatos de Novartis.
A finalidade das compañías con estas lentes de contacto intelixentes é, por un lado, axudar os pacientes diabéticos a controlar a enfermidade mediante a monitorización constante dos seus niveis de glicosa e, ademais, para a xente con presbicia, permitirá unha mellor acomodación da visión.
Rexístrate como: