Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Smartwatch de ImasD

Crean un ‘smartwatch’ que mide o azucre en sangue sen necesidade dunha picada

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 17/07/14 (09:13)

O sector de eHealth é un dos de maior proxección de futuro dentro do sector tecnolóxico.

ImasD Tecnoloxía é unha empresa de enxeñaría española que parece ter dado coa clave: patentou unha tecnoloxía que aforra aos enfermos de diabete a incómoda pero necesaria picada para controlar o nivel de azucre en sangue.

Trátase dun reloxo que permite supervisar ademais da glicosa, o osíxeno ou o pulso. O sistema quenta a pel do usuario para abrir os poros de xeito case imperceptible e déixase caer dentro unha microgota que posteriormente recupera e proporciona os datos.

É unha tecnoloxía similar á que se utiliza nos cabezais das impresoras. Do mesmo xeito que un cartucho pode dispoñer a tinta sobre o papel, tamén se pode facer sobre a pel. O reloxo conta cun consumible que se ten que cambiar cada sete días (catro ou cinco medicións ao día).

A información poderase consultar dende o smartphone pero é completamente autónomo: mesmo se o usuario ten 80 anos e non sabe utilizar o móbil.

Tema: Xeral
Fonte: spaintechnology
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal