Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
LG Kizon

Innovador ‘wearable’ para os máis pequenos

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 10/07/14 (08:17)

LG lanza un novidoso dispositivo "wereable" enfocado aos máis pequenos da casa, o LG Kizon, un gadget moi peculiar para levar no pulso. A idea, monitorizar a localización a través das conectividades presentes: 3 G, GPS e WiFi.


Ademais, este novo dispositivo conta coa función "One Step Direct Call", unha canle de comunicación que poden utilizar os pais, e só os pais, para comunicarse cos seus fillos mediante o altofalante que posúe o dispositivo. Ademais, o propio LG KizON conta cun botón de chamada co que o neno pode chamar os seus pais, mediante un número preconfigurado, que pode ser cambiado en calquera momento dende o smartphone ou o tablet dende o que se controla o wearable.


Conta tamén con diferentes medidas de seguridade como que o se o neno non contesta á chamada esta salta automaticamente e os pais poden escoitar o que sucede mediante o micrófono incorporado no LG KizON ou a función "Location Reminder" na que os pais poden establecer diferentes horas nas que o dispositivo lles enviará a súa posición.
O LG Kizon ten unha autonomía estimada de ata 36 horas, e o propio dispositivo mandará alertas aos pais/titores do neno cando o nivel de batería chegue ao 25%. 

Tema: Xeral
Fonte: Innovaticias
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal