Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Festival Social Media de Galicia #MexilonseTuits

O prazo para presentarse aos premios do festival MexilOnseTuits continúa aberto até fin de mes


  • O #MexilOnseTuits da a coñecer o xurado encargado de escoller aos gañadores dos seus premios

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 08/07/14 (08:55)

O Festival Social Media de Galicia, #MexilonseTuits afronta o seu último mes de prazo para presentar os traballos aos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, e van tres. “Seguimos a recibir traballos para o festival a bo ritmo, o prazo estará aberto ata finais de xullo para presentar candidaturas nas 8 categorías propostas para este ano”, explican desde a organización. E mentres tanto a maquinaria mexiloeira non para e nestes días estase a pechar a composición do xurado que terá a tarefa de avaliar as candidaturas recibidas e seleccionar aos gañadores.


Composto por prestixiosos profesionais do ámbito da comunicación, o marketing e as redes sociais, a súa experiencia e bo criterio determinará en primeiro lugar os tres mellores traballos en cada unha das categorías a concurso: Mellor Blog de Moda; Mellor Blog Informativo/Cultural; Mellor Blog Turístico; Mellor Blog Gastronómico; Mellor Campaña Social; Mellor Campaña Comercial, Mellor Video Viral e Mellor integración E-commerce. Os gañadores só se darán a coñecer na gala do Festival Social Media, que terá lugar o vindeiro 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas.


Javier Varela, consultor de marketing; David Mora, consultor, formador e responsable do blog EmoTurismo; Daniel Martí, profesor de Comunicación en Pontevedra, Javier Hernández, gestor de campañas turísticas on line; Ana Rumbao, da axencia creativa La Ballena que va llena; Xosé Bangueses, de FECIMO e Álvaro Gómez Vietes, doctor en Economía de la UNED e autor de obras vencelladas a publicidade, o marketing e as redes sociais son os primeiros nomes dos profesionais que comporán este xurado, e aos que a organización agradece a súa colaboración desinteresada sen a cal no sería posible levar adiante este traballo.


Lembrade que toda a información sobre categorías, prazos de inscrición e requisitos poden consultarse a través da web www.mexilonsetuits.com, onde tamén se lembra o espírito que da sentido á celebración deste festival: o de colaborar para darlle visibilidade aos traballos, campañas e iniciativas 2.0 que destacaron na nosa comunidade nos últimos meses.

Tema: Xeral
Fonte: mexilonsetuits.com
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal