Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
App Accessibility

"Accessibility" permitirá localizar eurotaxis próximos para persoas con discapacidade

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/06/14 (09:56)

A aplicación gratuíta Accessibility, desenvolvida por FAMMA-Cocemfe Madrid en colaboración coa Fundación Vodafone España e COCEMFE, será actualizada co fin de incorporar unha serie de melloras técnicas, así como novas opcións e funcionalidades, entre as que se encontran a posta en marcha dunha sección específica sobre "transporte adaptado" mediante a que os usuarios poderán coñecer a situación exacta dos taxis accesibles.


Precisamente, para iso, co fin de que os usuarios da app poidan localizar o taxi adaptado (Eurotaxi) máis próximo á súa localización, para poder solicitar un servizo, os condutores deste servizo que o desexen poderán rexistrarse para constar na app, figurando en "estado activo" cando así o indiquen e áchense na rúa realizando servizos.


Segundo o presidente de FAMMA, Javier Font, "trátase dunha funcionalidade importante que posibilitará utilizar máis o servizo de taxi adaptado (Eurotaxi) xa que dará garantías de transparencia en canto á localización destes vehículos para ser solicitados polas persoas con mobilidade reducida. Existen máis de 90.000 persoas potencialmente usuarias deste servizo".


Deste modo, os usuarios que así o desexen, poderán solicitar o taxi adaptado máis próximo, recibindo o taxista unha "notificación push" que lle indicará que un usuario solicitou un servizo, así como o lugar exacto de recollida da persoa con discapacidade e/ou mobilidade reducida.


A Federación reitera que esta funcionalidade cubrirá unha importante necesidade do colectivo, como é a de coñecer a situación exacta dos taxis accesibles para darlle ao usuario a posibilidade de elixir o que máis lle conveña, en función da súa proximidade. Ademais aumentarase a actividade deste tipo de vehículos. 


Así mesmo, entre outras melloras que incorporará esta nova actualización da app, encóntranse: a posibilidade de envío de notificacións personalizadas, a posibilidade de compartir e recomendar a aplicación en redes sociais, así como elementos que garantan, en maior medida, a accesibilidade da app para persoas con graves problemas de mobilidade, así como tamén para persoas con outro tipo de discapacidad.


Accessibility FAMMA é unha app que geolocaliza calquera punto accesible de interese próximo ao usuario, o que facilita a súa mobilidade e a súa plena autonomía. Na actualidade, dispón de 32.400 puntos de interese accesibles (POI) en todo o territorio nacional, entre os que se achan lugares de ocio, caixeiros automáticos, salas de exposicións, museos e restaurantes libres de barreiras, ademais das referencias das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida.


Por último, cabe destacar que esta aplicación, cuxa difusión a nivel nacional se realiza en colaboración coa Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), se pode utilizar en calquera teléfono intelixente (smartphone) ou tableta, tanto se incorporan sistema operativo iOS como Android, e que se converteu nunha ferramenta fundamental a día de hoxe para miles de persoas con discapacidade e/ou mobilidade reducida e nunha app de referencia sobre accesibilidade a nivel nacional. 

Tema: Xeral
Fonte: COCEMFE
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal