Xunta de Galicia Voluntariado Dixital

Inicio > A Rede > Novas
Logo SERGAS

O Servizo Galego de Saúde recibe un premio pola implantación e uso das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito sanitario

Versión para impresiónSend by email
Santiago, 30/06/14 (09:32)

O Servizo Galego de Saúde, ven de ser recoñecido unha vez máis polo emprego e a aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito sanitario.


Galicia acadou o galardón na modalidade de candidatura xenérica dos premios “TIC Sanidade 2014”, organizados pola Fundación Socinfo e a revista “Sociedad de la Información”, xunto co Servicio Extremeño de Saúde, o Consorcio General do Hospital Universitario de Valencia e a multinacional IBM. O mérito deste recoñecemento radica sobre todo en que é froito da votación popular que exercen os membros da Fundación e os lectores da revista.


A Consellería de Sanidade mantén un firme compromiso coa modernización do sistema sanitario, tal como se reflicte na Estratexia Sergas 2014. Neste senso a Consellería aposta pola incorporación de ferramentas tecnolóxicas e servizos que axuden a unha prestación máis áxil e eficiente e, polo tanto, de maior calidade.


A este respecto cómpre recordar que na nosa comunidade autónoma dispoñemos dunha historia clínica electrónica única e da receita electrónica en todos os centros asistenciais, que dan cobertura ao cen por cen da poboación. En todas as oficinas de farmacia teñen acceso á e-receita, o que permite que se beneficien dela todos os cidadáns. 

Tema: Xeral
Fonte: Xunta
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | Mapa do portal